Os profesionais do Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Comarcal de Verín están facendo bulir pola rede un vídeo que protagonizan. Seguindo a estela doutros compañeiros do Sergas, puxéronse diante da cámara dun móbil para agradecer os aplausos que reciben todas as tardes dende a vila e para perdilles a todos os de Verín e a área de influencia do centro hospitalario unha soa cousas: "Quédate na casa".
Esta tarde, ás 20:00 horas, serán os efectivos da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local, Parque de Bombeiros e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín os que lle dean a merecida homenaxe aos profesionais do hospital.