xoves 17.10.2019

Cualedro

Simulacro de lume entre Lucenza e Gudín, en Cualedro

A Xunta organizou esta mañá en Xinzo de Limia un simulacro de incendio forestal co obxectivo de seguir mellorando a preparación e coordinación ante posibles emerxencias. 
 
A actividade tivo lugar na parroquia de Gudín e contou coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o subdirector xeral de Extinción da Dirección Xeral de Defensa do Monte, José Carlos Costas, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; e o subdelegado do goberno en Ourense, Emilio González Afonso.
 
O obxectivo fundamental deste exercicio, no que participaron máis de 70 efectivos, foi comprobar que todas as cadeas de traballo, humanas e materiais, operasen con total coordinación. O resultado foi positivo por parte de todos os axentes participantes.

comentarios
Simulacro de lume entre Lucenza e Gudín, en Cualedro