VÍDEO | Visita do CEIP Augusto Assía ao Castelo Grande de Santigoso
03 de junio de 2021 (21:45 h.)
Unha pequena representación dos alumnos do CEIP Augusto Assía da Mezquita achegouse hoxe ata o monte coñecido como Castelo Grande, en Santigoso. Alí estanse a levar a cabo traballos arqueolóxicos por primeira vez nese lugar -no Castelo Pequeno xa se investigara- e os achados semellan ser máis sorprendentes dos agardados.
Rafael Pérez, o alcalde, acompañou á cativada.