sábado 23/01/21

A Mezquita

VÍDEO | Unha muller do Pereiro, Rosa Asenjo "Xita", primeira protagonista da nova serie de Rubén Riós

Camiñantes do noso, así se chama a nova oferta audiovisual da produtora Claqueta Coqueta, que dirixe o coñecido actor Rubén Riós. O precoz director ourensán percorre 10 etapas da Vía da Prata desde A Canda ata Santiago de Compostela en busca da maxia e da mirada dos anciáns e anciás das poboacións polas que pasa.

O proxecto ten como obxectivo destacar a importancia da vontade, das ensinanzas, das tradicións e dos recordos dos nosos vellos, que tan castigados están sendo pola pandemia da covid - 19.

Os testemuños destas persoas cargadas de anos, de sabedoría e de experiencia son os protagonistas e en cada programa xiran arredor dun tema global: Camiño de Santiago, abandono rural, soidade, coronavirus, familia, orgullo galego, violencia de xénero e emprendemento empresarial.

comentarios
VÍDEO | Unha muller do Pereiro, Rosa Asenjo "Xita", primeira protagonista da nova serie...