VÍDEO | A hostalería volve abrir, pero con medo, no Concello da Gudiña
05 de marzo de 2021 (19:06 h.)
O pasado venres A Gudiña quedaba no nivel máximo de restricións fixado pola Xunta de Galicia, obrigando ao seu sector máis representativo, o da hostalería, a permanecer pechado unha semana máis. Esta mañá o municipio deixaba de estar confinado perimetralmente e os bares e restaurantes volvía a unha lixeira normalidade.
Pola contra, o seu veciño concello da Mezquita coñecía, ao mediodía, que dende o luns mudaban as tornas de novo.