jueves. 25.04.2024

Para iso serve un debate... Para coñecer, crer e decidir

Hoxe, os verinenses e aqueles que sin selo se despracen, teñen a posibilidade de participar de xeito pasivo -a actividade virá o día 28- no futuro dos vindeiros 4 anos desta terra da chispa. O auditorio alberga un debate coas principais ofertas persoais dos catro partidos con representación no Parlamento de Galicia. Que mellor que escoitar, ver, xulgar e logo actuar en consecuencia!!!

 

debate auditorio

O feito de introducir una papeleta nunha furna debería ter a consideración de actividade perigosa se é que ese dereito se exerce con certa irresponsabilidade. Un só acaba sendo consciente dos erros que comete cando é quen de apreciar as consecuencias dos seus feitos sabéndose coñecedor de que algúns poderían terse evitado de posuír a información precisa para coller outro camiño. Pois, algo que a todas luces parece sinxelo e de fácil práctica no ámbito persoal, no que mesmo para adquirir un vehículo antes repasamos centos de catálogos, probamos varios modelos e pedimos referencias de usuarios cun automóbil similar, debería facerse tamén cando a nosa democracia nos chama a exercer un dereito como o do voto. Convirán que, aínda que o número de indecisos é moi notable, moitos son (somos) os que avaliamos de xeito escasamente prudente as candidaturas, os perfís e, como non, as propostas de cada unha das formacións políticas.

Un só acaba sendo consciente dos erros que comete cando é quen de apreciar as consecuencias dos seus feitos sabéndose coñecedor de que algúns poderían terse evitado de posuír a información precisa para coller outro camiño.

Para iso serven os debates como o de hoxe -esta tarde, ás 20:30 horas no auditorio da vila de Verín, retransmitido por esta publicación e as súas amigas e homólogas de Dende A Limia e o xornal barquense O Sil e moderado por Xosé Lois Rúa, coa participación de Ana Vázquez (Pp), Marina Ortega (PSdeG), Iago Tabarés (BNG) e Iván Olmos Ferreiro (En Marea)-.

Todos vostedes, queridos lectores, teñen a posibilidade de coñecer, máis ou algo, aos principais espadas de catro listas ao Congreso por Ourense. De telos máis perto, de chequear as simpatías que uns e outros lles poden suxerir non só dende a foto trucada dun cartel -lembren cando Fraga Iribarne rexuvenecía en cada campaña electoral case medio século-, senón a poucos metros e nun debate aberto.

Non deberían deixar escapar esta posibilidade, e máis téndoos tan ao xeito. Como diría a miña difunta nai, "logo, non te queixes".

Para iso serve un debate... Para coñecer, crer e decidir
Comentarios