venres 23/10/20

De que cona ides?

As cativas da imaxe escoitaban consignas como "que aos violadores os protexe a Garda Civil" ou "hai que queimar a Conferencia Episcopal". | FOTO: Concha Caneiro.
As cativas da imaxe escoitaban consignas como "que aos violadores os protexe a Garda Civil" ou "hai que queimar a Conferencia Episcopal". | FOTO: Concha Caneiro.

Non hai, ás veces, coma unha imaxe ou un vídeo para que non haxa ningún lugar a dúbidas. O movemento feminista galego escolleu Verín para reivindicarse antes do vindeiro 8 de marzo, día internacional da muller. E fíxoo para, supostamente, premiar o traballo, o tesón e a firmeza das mulleres e homes, e dos homes e as mulleres do val, que foron, todos xuntos e dan man, os que fixeron mudar de opinión a un errático goberno da Xunta de Galicia. 

Todas esas mulleres -e homes- merecían de todas vos o respecto máis absoluto e o galón de seren, os daquí, as daquí, as primeiras que encabezaran a vosa manifestación, elas, pero tamén eles. Deixar ás nosas mulleres, e aos nosos homes, relegados á retagarda desa marcha máis propia do Entroido de hai uns días que da seria reivindicación dunha loita necesaria, non deixa de ser un erro maiúsculo e un verdadeiro desprezo ás persoas, tan feministas coma vós ou moito máis, que ser fartaron de durmir fóra das súas casas cando o paridoiro desta vila estaba aínda pechado. 

IMG_5482Un home, tiznado coa cor violeta, na lectura do manifesto desta mañá na Praza García Barbón de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Son home, non quero perder a miña condición, e quero para vos as mesmas liberdades e os mesmos dereitos en cada recuncho deste planeta. E, se teño que escoller, sempre escollerei un espazo mixto!!!!!!!

De que cona ides?
comentarios