Venres. 29.03.2024

Galiza, posíbel fin de ciclo

O senso deste artigo é tentar definir un marco das pezas que temos para debuxar o escenario político que nos imos atopar en 2020. Os galegos pasaremos de novo polas urnas, para escollermos aos representantes da soberanía popular galega, é dicir, aos inquilinos do Pazo do Horreo.
Luís Villares, de En Marea, nun mitin en Verín.
Luís Villares, de En Marea, nun mitin en Verín.

No ano 2005, o presidente Fraga estaba convencido da súa capacidade para revalidar a maioría absoluta, foron máis dun os que trataron de persuadilo de que debía prantexarse un relevo e deixar lugar a un candidato con enerxías renovadas. Nesa hipotética sucesión erguíase con forza o nome de Xosé Cuiña, o eterno delfín, finalmente traizoado e esquecido polos seus pasou a ocupar un papel protagonista nas teorías dos que defendían un PP de Galiza máis galeguista e autónomo. Outro nome era o do secretario xeral do PP en Galiza, Xesús Palmou, home que naquela altura gozaba xa da confianza de Aznar e da sede de Génova 13.

No entanto todos os que quixeron naquela altura xubilar a Fraga non se deron conta de que Fraga só se xubilaría cando a el o tivera a ben. Aquel puxa puxa para que Fraga comprendera o seu feito biolóxico non levou a ningures, e con algún que outro mareo e expresión desafortunada o Fraguismo tocou fondo o 19 de xuño de 2005 dando lugar ao primeiro goberno de coalición entre o socialismo e o nacionalismo galego.

Feijóo asegurou en 2012 que esa era a súa última elección, xa que el consideraba que oito anos eran suficientes para unha responmsabilidade pública como a presidencia da Xunta de Galiza. Facendo oidos xordos a súa propia promesa o presidente anunciou en 2016 que repitiría como candidato.

O senso deste artigo é tentar definir un marco das pezas que temos para debuxar o escenario político que nos imos atopar en 2020. Os galegos pasaremos de novo polas urnas, para escollermos aos representantes da soberanía popular galega, é dicir, aos inquilinos do Pazo do Horreo.

A primeira incognita que debemos despexar e sen lugar a dúbidas a máis importante: repetirá Feijóo como candidato do Partido Popular? Esta resposta estaremos en condicións de dala logo das eleccións xerais.

Feijóo asegurou en 2012 que esa era a súa última elección, xa que el consideraba que oito anos eran suficientes para unha responmsabilidade pública como a presidencia da Xunta de Galiza. Facendo oidos xordos a súa propia promesa o presidente anunciou en 2016 que repitiría como candidato, naquela altura refuxiou a súa contradicción no seu fondo amor a Galiza e na súa entrega total aos galegos e as galegas. Non tivo nada que ver a súa necesidade de manterse políticamente activo de cara a carreira polo control de Génova 13, polo camiño prescindiu das siglas e do españolismo que logo exhibiu sen pudor en Colón xunto aos líderes do trípode patriótico (Casado, Abascal e Rivera). E daquela o Presidente foi quen de revalidar a confianza maioritaria dos galegos. Polo camiño o seu partido pegou unha viraxe de 180 graos, e o catch all party de Mariano Rajoy, converteuse nun catch alt-right party de Casado. Esta variábel complícalle todo a Feijóo que terá que asegurarse moi moito que no que queda até a convocatoria das eleccións (variábel que el mesmo manexa) Casado e o seu club, veñan pouco a Galiza, e de vir que se limiten a escoitar os seus discursos cargados de folclorismo e galeguismo lírico, mesturado todo isto coa súa nova faceta de home de estado.

O PSOE ten para estas eleccións a un candidato relativamente pouco coñecido, que como case todos os secretarios xerais dos socialistas en Galiza chegou a secretaría xeral de rebote logo do fracaso estrepitoso de Leiceaga nas pasadas eleccións galegas.

Por outra banda temos o factor socialista, o PSOE ten para estas eleccións a un candidato relativamente pouco coñecido, que como case todos os secretarios xerais dos socialistas en Galiza chegou a secretaría xeral de rebote logo do fracaso estrepitoso de Leiceaga nas pasadas eleccións galegas. Un PSOE forte no Estado garante da centralidade e seriedade que Feijóo tenta representar en Galiza. E é que o gran problema de Gonzalo Caballero é que non aporta un liderado moi diferente do que podería aportar Feijoó, ambos son homes cunha apariencia “ordenada”, ambos poñen por diante a unidade dos españois e ambos falan galego con ese sotaque “institucional” que enchoupa a nosa política autonómica, tan ríxido como pouco fluido. Ambos políticos de Estado e ao servizo do Estado.

cenamitin

Atópase polo tanto o candidato dos socialistas nunha posición moi similar a que se atopaba Antolín Sánchez Presedo en 1993 cando Fraga esmagouno electoralmente.

O terceiro elemento é o que representa o nacionalismo. Vivimos unha situación un tanto confusa neste eido. Dende 2012 o camiño do galeguismo político deu voltas e reviravoltas para rematar confluindo de novo nunha dinámica que apunta a reunificación. O Bloque de Pontón parece que está á alza, tendencia que se verá confirmada (ou non) nas eleccións xerais do 10 de novembro. Para os de Pontón é central obter representación en Madrid, pois sería un punto a favor en canto a estratexia de reunificación que pretenden dende o Consello Nacional do frente nacionalista. O BNG é perfectamente consciente de que a súa hexemonía pasa necesariamente por un nacionalismo de amplo espectro que vaia dende as sensibilidades galeguistas máis tépedas do galeguismo até o soberanismo declarado e dende o pequeno tecido empresarial do país as clases obreiras e traballadoras do país. O BNG e o espazo nacionalista en xeral estarían en condicións de aproximarse a quincena de deputados se son quen de recuperar o espírito dos anos 90.

Haberá que ver como evolue este espazo do galeguismo alternativo, e de se é quen de entaboar acordos co BNG, ou pola contra formular unha alternativa nacional de obediencia galega.

Directamente vencellado a isto temos o factor En Marea, que logo de rexeitar concorrer a estas eleccións logo da imposibilidade de artellar a súa proposta orixinal dunha candidatura galega coas outras forzas de obediencia nacional, tentou entaboar un diálogo imposíbel e improductivo coa nova marca de Errejón que preferiu a exPodemita Bescansa como referente en Galiza. Unha vez desartellado o espazo autónomo que no seu momento representou CxG en 2012 e completamente absorvido polo tandem Podemos-Esquerda Unida o espazo electoral da Anova de Beiras, haberá que ver como evolue este espazo do galeguismo alternativo, e de se é quen de entaboar acordos co BNG, ou pola contra formular unha alternativa nacional de obediencia galega.

Para rematar temos o espazo que representan Podemos e Esquerda Unida dunha banda e a nova proposta de Errejón. Seremos quen de facer prediccións unha vez pasen as xerais e vexamos o potencial dos primeiros sen Anova e o espazo dos segundo con Bescansa como máxima referente en Galiza.

Irrelevantes parecen posicionarse Ciudadanos e VOX, a súa incapacidade manifesta de elaboraren un discurso en clave de país e a súa loita antinacionalista, nun país onde o nacionalismo non é quen nin de matar unha mosca, fai que os hipotéticos socios de Feijóo fiquen hoxe completamente fora de xogo.

Galiza, posíbel fin de ciclo
Comentarios