xoves 09.07.2020

Mestras e mestres... os grandes esquecidos

Rochi Novoa é mestra de inglés e nai. Nesta opinión relata como foi o traballo do colectivo ao que pertence en toda a comunidade, cando se lles indicou de súpeto que se suspendían as clases sen máis indicacións de como continualas de xeito virtual. 

Rochi Novoa foi directora do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós.
Rochi Novoa foi directora do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós.

E así apareceu o caos académico, familias histéricas con tarefas, outras histéricas porque consideran que non suficientes, as derrotistas que creen que o curso está perdido… Tantas opinións e tan diversas.
Como mestra, estes primeiros días de corentena foron tamén bastante estresantes a pesares de ser unhas privilexiadas por poder estar confinadas na casa. Quero aproveitar a ocasión para ofrecer á sociedade unha perspectiva da que moi probablemente case ninguén é consciente, salvo para queixarse de que se poñen demasiadas tarefas.
Nós, (mestras, profes) non fomos alleas ao caos e improvisación que se xerou. Aínda que as noticias do coronavirus cada vez eran máis preocupantes, non parecía haber en Educación reacción oficial a ningún nivel. Rumoreábase que poderían suspender as clases, desmentíase, e apenas uns días antes da corentena moitos aínda pensaban que tal medida sería esaxerada, ou que tardaría semanas. E entón ocorreu.

E así marchamos sen ningún tipo de instrucións sobre como organizar o cambio máis drástico que xamais afrontaramos na nosa carreira profesional e para o cal non hai medios nin recursos.


O venres día 13 de marzo, o último día de clase, ao mediodía, xusto antes de que nos marchásemos á casa, decatámonos a través da televisión de que as clases presenciais quedaban suspendidas e que teríamos que manter o ensino a través de Internet dende os centros educativos, quedando esta situación da mans das direccións dos centros. E así marchamos sen ningún tipo de instrucións sobre como organizar o cambio máis drástico que xamais afrontaramos na nosa carreira profesional e para o cal non hai medios nin recursos.
Pasa que cando en educación (estase a ver máis claro coa sanidade) se pon en manifesto esta falta de medios técnicos e persoais, a xente logo se apresura a dicir: "Non sei que máis queren coas vacacións que teñen e o que cobran e aínda non lle chega”.
Nas grandes crises sae o mellor de cada unha e lamentablemente o peor tamén. Podo subliñar polo tanto, que vin as compañeiras dando o todo para afrontar a situación, empezando sen máis recursos que os que cada unha puido sacar de si mesma. Partillando nas redes libros de lectura gratuíta, abrindo plataformas con apuntamentos, compartindo infinidade de correos dando ideas, ofrecendo recursos, propoñendo solucións; un auténtico e longo claustro virtual que a intres daba vertixe, mestres de Galicia polo Facebook apoiándonos, axudándonos e partillando materiais. Con todo, non nos pasamos dous meses reuníndonos nin creando comités nin consultando asesores nin gastando millóns en equipamento. Non.

Ao luns seguinte, todo o sistema educativo deste país xa dera o xigantesco salto desde o ensino presencial ao ensino a distancia. Cos seus problemas, fallos, tanteos e experimentos, e que sobre a marcha iremos mellorando, pero fomos capaces de conseguilo, nós soiñas. Unha auténtica xesta que espero que co tempo a xente sexa capaz de
valorar


Dous días máis tarde, ao luns seguinte, todo o sistema educativo deste país xa dera o xigantesco salto desde o ensino presencial ao ensino a distancia. Cos seus problemas, fallos, tanteos e experimentos, e que sobre a marcha iremos mellorando, pero fomos capaces de conseguilo, nós soiñas. Unha auténtica xesta que espero que co tempo a xente sexa capaz de valorar. Non só temos uns profesionais incribles no sistema de saúde, tamén no sistema educativo (e noutros moitos).
Batemos un tempo récord, ningunha administración do Estado fixo isto, e desde logo non con tantísima rapidez e eficiencia. Nós conseguímolo en 48 horas. HORAS. Non nos queixamos nin nos desesperamos, soamente fincamos o cóbado e demos solucións. Sabiamos que nunhas circunstancias tan difíciles como as actuais nós tiñamos tamén que axudar no que nos tocaba, e fixémolo. E fixémolo ben, dadas as circunstancias. Mellorable por suposto!
Non soubemos se era sábado, ou domingo e deixamos as nosas fillas e fillos e familia a un lado, para que axudar ás restantes familias e ao noso alumnado. Puxéronnolo incriblemente difícil pero conseguímolo. Polo que ás nais, pais saturados cos deberes dos seus fillos, perdón e paciencia, nós tamén estamos a aprender.
Seguimos nas casas recibindo correos con tarefas, chamadas por Skype para botar unha man a quen o desexe e facendo reunións telemáticas co claustro, podo asegurar que lle adicamos máis horas que nun horario normal, só comento para aquelas persoas que pretenden que traballemos tamén o mes de xullo e agosto.
Agora ben, outro asusto ben merecedor de opinión é que dadas as circunstancias o máis importante agora é que o curso continúe telematicamente sen ter en conta as circunstancias individuais do alumnado? Pensamos nas familias que carecen dos recursos necesarios para poder continuar co traballo na casa? Lembrámonos da importancia das mestres especialistas de Pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e orientadoras? Temos en conta que cada alumna/o ten o seu propio ritmo de aprendizaxe? Somos conscientes de que por moito que poñamos da nosa parte, as aulas presenciais teñen outro peso e valor? A día de hoxe, non é máis importante sobrevivir, manter a calma e estar? Lamentablemente esta situación guíndanos unha oportunidade única de estar coa familia o tempo todo para poder gozala sen presas nin atrancos, despois de todo os exercicios e as lecturas non salvan vidas.

Esta situación que atravesamos non é só para nós a título individual, falamos de pandemia a nivel mundial, o curso escolar non se perde por un parón dun mes ou do que cumpra, a vida non para aquí, non debemos presionar ao alumnado, nin criticar enerxicamente o traballo das docentes, cando tentamos por todo da nosa parte.


Esta situación que atravesamos non é só para nós a título individual, falamos de pandemia a nivel mundial, o curso escolar non se perde por un parón dun mes ou do que cumpra, a vida non para aquí, non debemos presionar ao alumnado, nin criticar enerxicamente o traballo das docentes, cando tentamos por todo da nosa parte.
Aproveitemos o tempo, gocemos cada intre, sintámonos afortunadas por poder quedar na casa. Fagamos lecturas compartidas, xogos de mesa, faladoiros espontáneos e por suposto, sempre que sexa posible, deixemos pasar e pasemos un tempiño soas, para coñecernos e para aburrirnos, do aburrimento sempre saíron grandes ideas e inventos. Agora mesmo temos outra prioridade nas mans.
Penso que cada persoa estamos a por o mellor de nós para contribuír a que esta corentena pase o antes posible e sexa o máis levadeira sexa cal sexa a nosa profesión e vocación.
Non podería rematar sen antes agradecer novamente o traballo tan pouco valorado da sanidade, transportistas, alimentación, taxistas e cada persoa que día tras día se expón así mesma e aos seus seres queridos.
QuedemosNaCasaPorFavor.

Mestras e mestres... os grandes esquecidos
comentarios