Sobre como a democracia te pode meter no cárcere...
O deputado de En Marea no Parlamento de Galicia e exalcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, estréase na nosa sección de opinión, ao remate dunha xornada na que o Tribunal Supremo emitiu unha sentenza que condenaba a 99 anos en total aos líderes independentistas cataláns. Velaquí as primeiras reflexións ao respecto do noso deputado.
Nestes últimos días estamos a observar atónitos, como compañeiros políticos dos Países Cataláns van a ser encarcerados por expresar libremente como querían organizarse politicamente.
Estes ataques á democracia non nos poden deixar indiferentes, xa que ás e o ós que somos demócratas nos deixan espidos diante da "xustiza" e cuestionaremos seguir crendo nesta democracia e nas liberdades pacíficas, colectivas e individuais.
En que cabeza colle non poder preguntarlle a xente o que pensa? Se de verdade tiveramos uns gobernos responsables, estes facilitarían consultas e votacións.
Non podemos permitir que se pretendan resolver os problemas políticos deste xeito obviando que existe unha necesidade: a do pobo catalán a expresar libremente o seu futuro e o seu proxecto político.
En que cabeza colle non poder preguntarlle a xente o que pensa? Se de verdade tiveramos uns gobernos responsables, estes facilitarían consultas e votacións, e non desmellorarían as relacións coa xente.
15 anos de cárcere é unha resposta inxusta do Estado ante un problema que debería resolverse con diálogo e dando a palabra á cidadanía, que é como se resolven os conflitos en democracia.