luns 26/10/20

O indefendible

Núñez Feijóo, con Jiménez Morán, dirixíndose aos xardíns dos Mercedarios, en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Núñez Feijóo, con Jiménez Morán, dirixíndose aos xardíns dos Mercedarios, en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Fíxoseme especialmente difícil, queridos amigos, non pronunciarme sobre a campaña electoral das eleccións galegas. Non houbo un motivo en especial, só quizais un intento de aglutinar canta máis información posible e utilizar un criterio obxetivo á hora de criticar ou non. Eso xa o veremos.

Foi aló polo 2009 cando o actual presidente da Xunta gañou as eleccións. Nestes 11 anos, que pasou? Vamos a ver como estabamos e como estamos.

Economicamente falando, e en comparación co PIB nacional, tivemos unha perda de 15 puntos (pouca broma). Perda de peso na que quizais teña algo que ver a destrucción de 48.000 postos de traballo (menos broma). Seguimos representando o 5,06% do PIB nacional, que é realmente pouco. E se a esto lle sumamos o contexto post - covid na que empresas como Alcoa anuncian o seu peche, pois a conta sae redonda. E a ver, non é que o que escribe non lle teña simpatía a Núñez Feijóo, que non, ningunha. Pero e que eu o do gran xestor non o vexo por ningunha parte. Boa xestión é deixar o que xestionas mellor do que o atopaches e non peor. E nesto  o señor presidente, por moito que pase esa apisonadora propagandística que subvenciona, non pode enterrar os números que saen dos seus mandatos.

Non existe un tecido empresarial ao redor dos sectores estratéxicos (non sendo o automóbil e os satélites de Inditex) que sexa significativo. E ollo! Hai gandes empresas en Galicia e grandísimas oportunidades, pero o desamparo que sofren por parte da Xunta, ás veces, espanta. O da construcción de barcos daría para dous libros, pero gustaríame resaltar que nas pasadas eleccións a TVG interrompeu a súa programación para anunciar a construcción dunha serie de floteis que cerrou Núñez Feijóo a ultimísima hora como bo salvapatrias que é. Pois catro anos despois, o que firmou tales contratros (que nunca chegaron a ser feitos), esta preso na cadea. Os bos xestores...

A cantidade de mozos que emigraron nestes 11 anos prefiro non pola porque ata a min se me caería a cara de vergoña. A xeración mellor formada da historia da país pondo copas polo mundo adiante

Despoboamento

Demográficamente somos 75.000 persoas menos ca no 2009, é decir, somos un país de xente moi maior con todas as implicacións que eso conleva (centros de día, dependencia, ...), en definitiva, gastos. Obviamente gastos necesarios, pero que hai que cubrir. Se somos menos xente en edad laboral dificilmente se pode manter un mínimo equilibrio orzamentario, basicamente porque se ingresa menos. A cantidade de mozos que emigraron nestes 11 anos prefiro non pola porque ata a min se me caería a cara de vergoña. A xeración mellor formada da historia da país pondo copas polo mundo adiante. Son moitos, demasiados e non nos sobra ninguén.

Do rural xa temos falado máis dunha vez e non deixa de ser pasmosa esa aposta kamikaze ao puñetero Eucalipto. O gran salvador das cifras de medio rural é a puñetera invasión de eucaliptos que si, que dan cartos, ou polo menos ata agora dábanos, veremos o que pasa estes meses co precio da plaga esta. Tendo os recursos, os medios, só falta a vontade e nestes 11 anos non se lle viu por San Caetano. E que non ten razón de ser o estado de abandono que nesta provincia especialmente se vé. Pasto do lume, eso é o que somos. Pero tranquilos, que o señor presidente teno todo disposto (por se non o sabían apagar lumes tamén é un negocio).

E quizais esa é a gran baza do neno dos Peares, que el nunca ten a culpa de nada, el soluciona os problemas que el mesmo xera e queda como un santo. Eso só se consigue cun aparato mediático que xa lle gustaba ter ó presidente norcoreano

O oscurantismo no que se move esta administración dá pánico e pavor. Aquí non se xestiona nada, aquí estanche facendo un favor aínda que sexa o seu traballo. E quizais esa é a gran baza do neno dos Peares, que el nunca ten a culpa de nada, el soluciona os problemas que el mesmo xera e queda como un santo. Eso só se consigue cun aparato mediático que xa lle gustaba ter ó presidente norcoreano. Será Núñez Feijoo comunista?

A pesca e a gandeiría seguen a estar vendidos á vontade europea e as súas políticas proteccionistas. A PAC segue a ser pan para hoxe e fame para mañá. Faltan incentivos a industrias de transformación, ó consumo local.

No tocante ao medio ambiente non sei se recordarán que se tiñan proxectadas unha serie de minas a ceo aberto en distintos sitios de Galicia. E que me sigue parecendo pasmosa a capacidade de destrucción que posúe este goberno. Claro que si! Vamos a pór unha balsa de cinauro ao pé da costa da morte! En fin...

Enerxía

Seguimos producindo enerxía para medio estado e seguímola pagando moi cara. O vento é noso, pero os muíños non. As vantaxes competitivas que temos non as explotamos e logo preguntámonos porque as empresas do sur de Galicia marchan a Portugal. Rescatamos as caixas con 6.000 millóns de euros públicos e vendémosllas a un venezolano por 1.000 millóns. Apláudanlle vostedes que a min xa se me cansou a man.

Rescatamos as caixas con 6.000 millóns de euros públicos e vendémosllas a un venezolano por 1.000 millóns

Sanidade pública

Da sanidade creo que todos somos conscientes do que pasou en Verín e que ese era o modelo a seguir noutras comarcas do país. Agora ben, Verín non se pecha e non se pechou. E que as listas de espera son infames, falta persoal en tódalas áreas e cada vez que lle bota un ollo á privada poñenselle olliños... E así ata o infinito. Paréceme dunha falta de ética e coherencia non coidar a quen nos coida. Incomprensible. A facilidade que ten para malvender o que non sudou é vomitiva.

Por estes e mil motivos máis nos que non vou a entrar desta vez (Educación, cultura, idioma, ...) considero que a xestión deste señor é indefendible. Non estamos mellor que hai once anos. Estamos bastante peor. Pero como se acostuma a decir: Alá cada quen.

O indefendible
comentarios