jueves. 18.04.2024

Epidemiólogos, opinólogos e outras fieras.

Quedando na casa protexemos o máis importante que temos, a nosa comunidade. É un gusto saber que hai xente que nas malas saca o mellor de si mesma. Eso si que merece  os aplausos todos do mundo. Este feito vai mudalo todo. Estaremos a altura do momento histórico que nos toca vivir?
Vista aérea del Hospital de Verín.
Vista aérea del Hospital de Verín.

Non me vexo coa capacidade de facer un análisis ordenado da situación actual que estamos a padecer. Será ese o motivo das miñas primeiras desculpas de hoxe.

A situación é a que é.  A ninguén se lle escapa o preocupnate do momento que vivimos.  Abafa mirar calquer medio de comunicación, calquera rede social. Máis que abafar, ''acojona''.  Por eso quero empezar polo principio.

As pandemias son feitos que sabemos que van a suceder. O que non sabemos e cando, nin de que maneira. É un feito intrínseco a existencia do ser humano coma especie. Por eso e tendo en conta que unha pandemia que se espalle con esta velocidade e virulencia, temos que remontarnos a 1918, á mal chamada gripe española que levou por diante a 60 millóns de persoas (cando no planeta había uns 1800 millóns de habitantes) e os movementos de poboación eran moitísimos menos.

O colapso do sistema sanitario nas áreas máis masificadas é evidente.

As circunstancias que se están dando na actualidade son. O colapso do sistema sanitario nas áreas máis masificadas é evidente. A expansión internacional do Covid19 fai que os mercados estén saturados con shocks de demanda a niveles nunca vistos. O virus espándese por Europa coma a pólvora, en EE.UU a traca vai ser de coidado.  E esto sólo falando do virus. Se falamos de eocnomía, a cousa daría pa un libro.

MIren, son da idea de que cando se fai unha donación a título privado faise de corazón, cando se anuncia a bombo e platillo en radio e televisión chámase promoción. Que non digo eu que non esté ben a aportación, ollo, todo o que veña servirá para salvar vidas. Pero pontificar tanto a uns e tan pouco a outros, como as caixeiras do supermercado que están ahi aguantando as impertinencias dunha parte o suficientemente grande da poboación que parece que, ainda con todo non sabe comportarse.

Opinólogos de a posteriori aceptarían un confinamento cando en España había 300 casos?

Sobre a xestión desta crisis quero ser cristalino. Ninguén neste país ten a capacidade de xestionar un evento como o que estamos a vivir. Insisto NINGUEN.  O responsable do centro de Alertas Fernando Simón  agradecereille toda a vida a capacidade de comunicar e responder sen levantar o tono, sendo o máis preciso posible e transparente. Os responsables técnicos e científicos móvense por datos, en función deso actúase. Eso quero que quede claro. Parece que quen nos goberna e quen asesora a quen nos goberna son culpables dos miles de millóns de desplazamentos que levan realizado dende que se deu o primeiro caso en China. Son por ende culpables tamén das miles de mortes que este virus vai ocasionar.

Opinólogos de a posteriori aceptarían un confinamento cando en España había 300 casos? Se hai dúas semanas coas urxencias a reventar de casos as terrazas de Madrid estaban ata a bandeira, e xente afirmando que se suspendían as aulas ían a aldea coa familia. Permítanme a expresión: para repartir bofetadas ata que se lle durma a man. Logo vexo unha dereita algo non, moi botada ao monte. Noto un discurso de si, eu apoio pero non quero impostos, quero cartos para as empresas e autónomos (que cartos queremos todos, a ver se nos entendemos) pero aparte deso queremos máis UCIS! Máis Material! Máis de todo! e queremolo xa...

Lembro que decía o meu profesor Xosé Manuel Beiras hai uns anos que os recortes na sanidade levan matado a máis xente que ningúnha banda terrorista no estado. Creo que os que os que daquela se rasgaban as vestiduras con semellantes declaracións hoxe están coméndose as súas propias palabras.

Quixera ser moi claro con esto, os mortos son do VIRUS non de ninguén máis. Que aquí tachamos de asesinos moi rápido. Lembro que decía o meu profesor Xosé Manuel Beiras hai uns anos que os recortes na sanidade levan matado a máis xente que ningúnha banda terrorista no estado. Creo que os que os que daquela se rasgaban as vestiduras con semellantes declaracións hoxe están coméndose as súas propias palabras. Miren, non se pode facer e  meterlle un tixeirazo (e ollo, menudo tixeiretazo) a un ben común coma a sanidade e logo reclamar nada. Non é ético e se tivesen un mínimo de vergoña calaríanse, remángaríanse e botarían unha man. E aforrábannos o veleno que están vertendo na opinión pública. O que sementa odio non recolle nada bo.  Sencillamente non podes pechar plantas enteiras de hospitais, recortar persoal e o que tes telo en precario encadenando contratos, dando concesións privadas pero pagando todos e logo sair a apludir ao balcón. Eso na miña máis humilde opinión é ter a cara de formigón armado.

Para estes que piden a dimisión do goberno, so un par de apuntes. Cando dimite un goberno o que se fai normalmente é convocar eleccións e dame a min que non é o máis aconsellable eso de xuntar xente en sitios cerrados agora mesmo. E outra apreciación ao respecto, o que se puxese ía facer exactamente o mesmo. Parar un páis por completo é un lío enorme. Xa non só a nivel loxístico que é unha loucura. A nivel económico e complicadísimo dado o sistema de financiamento que teñen os estados. Parar de todo trae implicacións moi graves para manter servicios que agora mesmo son esenciais. É unha realidade dura pero é a que é.

Menos papagaios que ladran máis ca falan e máis xente que arrima o hombro e constrúe.

A parte máis rancia da dereita mediática que pide máis amancios ortegas e menos Goberno de esquerdas, eu estes días sempre lle contesto o mesmo. Menos papagaios que ladran máis ca falan e máis xente que arrima o hombro e constrúe. Todo o persoal sanitario, forzas de seguridade, equipos de limpeza, xente facendo mascarillas, os que fan as pantallas nas impresoras 3d, os que levan comida aos turnos de urxencias, os meus queridos chóferes que navegan nese mar de asfalto para que non falte de nada. Eu ese é o país que quero.

Seguro que me quedan millóns de cousas que me enervan e  que se me quedan no tinteiro, pero non quería rematar sen agradecer a toda a xente que queda na casa. Quedando na casa protexemos o máis importante que temos, a nosa comunidade. É un gusto saber que hai xente que nas malas saca o mellor de si mesma. Eso si que merece  os aplausos todos do mundo. Este feito vai mudalo todo. Estaremos a altura do momento histórico que nos toca vivir? Coidesenme moito! Moita forza e ánimo

Epidemiólogos, opinólogos e outras fieras.
Comentarios