miércoles. 24.04.2024

Evento

Aprende a identificar exemplares micolóxicos na Mezquita

23/10/21 a 23/10/21
10:00 a 15:00
Casa do Concello da Mezquita
Xornadas micolóxicas da Mezquita.
Xornadas micolóxicas da Mezquita.

A Mezquita acollerá o vindeiro sábado, día 23 de outubro, unha xornada micolóxica na que os asistentes poderán descubrir, distinguir e coñecer os diferentes exemplares de setas e fungos no seu medio natural.

 

O evento terá lugar en horario de mañá dando comezo ás 10:00h na praza do Concello, de onde partirá unha saída ao monte na compañía do micólogo José Luis Rico. Durante tres horas, recolleranse as diferentes especies para despois ser expostas, contempladas e analizadas coa axuda do profesional arredor das 13:00h.

 

As xornadas rematarán cunha degustación deses e doutros produtos no restaurante Cazador da localidade. A participación neste evento ten un custe de 20€ por persoa, que deberá anotarse previamente antes das 18:00h do xoves 21 no teléfono 988 423 506.

Comentarios