martes. 23.04.2024

Evento

O baile e a música, esta finde no Castelo de Monterrei con 'Propulsa Danza'

'Propulsa Danza' chega á nosa comarca. A iniciativa busca a posta en valor da riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento. Será o vindeiro domingo 1 de agosto ás 20:00h no Castelo de Monterrei onde se estrearán varios espectáculos: Extravíos de VACAburra, ademais de acoller Nexos, de Cía Exire, Analepsis de Paula Quintas,e Give it a spin de Pisando Ovos.

1/8/21 a 1/8/21
20:00 a 22:00
Castelo de Monterrei
O espectáculo Analepsis, de Paula Quintas será representado no Castelo de Monterrei.
O espectáculo Analepsis, de Paula Quintas será representado no Castelo de Monterrei.
  • A primeira das actuacións, Extravíos, é unha peza de danza acompañada por unha orquestra de ukeleles que se presenta como un garabato musical para sete intérpretes. Trátase dunha creación en forma de viaxe sonora danzada, itinerario extraviado polo corpo e pola música.
  • A proposta de Cía Exire, Nexos, desvela a complicidade que existe entre dúas persoas, as súas memorias compartidas e a busca incesante desa lembranza que as sostén no tempo. 
  •  Analepsis é un espectáculo de danza e circo, unha escena retrospectiva que presenta unha historia de acción e reacción entre o corpo e o obxecto, sometendo o corpo a experiencias acrobáticas e de funambulismo dirixidas polo obxecto. 
  • Finalmente, Give it a spin é a creación de Pisando ovos para espazos non convencionais, na que a música e o movemento, desde os seus estados máis puros, se encontran a través do diálogo entre un disc-jóckey e unha bailarina. Unha conversa baseada no darlle unha volta, no xiro continuo, na repetición e na transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo. 
Comentarios