martes. 16.04.2024

Evento

Últimas prazas dispoñibles en Solleira, que este martes abre as súas portas ao público

6/12/22 a 6/12/22
10:00 a 14:00
Centro de día de Verín - Praza de abastos -García Barbón, 8-

Este martes, Solleira, o centro de día municipal do Concello de Verín, abre as súas portas ao público en xeral, para amosar as súas instalacións a todos aqueles interesados en coñecelas. 

Será a última das oportunidades que terán os familiares de actuais e futuros usuarios de visitalo neste 2022 que xa remata e que supuxo un punto de inflexión no nivel de ocupación da institución municipal. Son media ducia de prazas as que ten dispoñibles dunha ocupación máxima de 36, o que vén a certificar a idoneidade de este tipo de servizos para o maior en concellos coma o de Verín, amais da calidade, tamén humana, dos seus profesionais. 

As portas de Solleira estarán abertas dende as 10:00 e até as 13:00 horas deste martes 6 de decembro. Haberá un convite especial para todos os asistentes. 

Comentarios