Venres. 29.03.2024

Evento

Mikel Diéguez presenta este domingo en Vilardevós "A lareira da Veiga"

O Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardevós acolle a presentación deste libro o vindeiro domingo 1 de agosto ás 19:00 horas.

É necesario inscribirse previamente no 988 41 72 32.

01/08/21 a 01/08/21
19:00 a 20:00
Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardevós

O autor narra en 'A lareira da Veiga' a evolución que tivo en toda a súa historia a aldea de A Veiga das Meás (Vilardevós) ao longo do século XX. A través das historias e testemuños dos diferentes personaxes do lugar, o autor pretende achegarse á memoria oral dunha de tantas aldeas de Galicia, tratando temas como a emigración, as tradicións, os costumes e o contrabando, levando así esta tradición oral a unha obra escrita.

O Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardevós acolle a presentación deste libro o vindeiro domingo 1 de agosto ás 19:00 horas. É necesario inscribirse previamente no 988 41 72 32. 

Comentarios