Evento
Mikel Diéguez presenta en Verín "A lareira da Veiga", unha obra que narra a historia a través da tradición oral
O autor narra en 'A lareira da Veiga' a evolución que tivo en toda a súa historia a aldea de A Veiga das Meás ao longo do século XX. A través das historias e testemuños dos diferentes personaxes do lugar, o autor pretende achegarse á memoria oral dunha de tantas aldeas de Galicia, tratando temas como a emigración, as tradicións, os costumes e o contrabando, levando así esta tradición oral a unha obra escrita.
O Auditorio Municipal de Verín acolle a estrea desta obra o vindeiro 7 de agosto ás 19:00h.
07/08/21
a
07/08/21
19:00
a
20:00
Auditorio Municipal de Verín

10:49 do 20 de xullo de 2021