Evento
A Mezquita mantén a súa feira o domingo previo á ponte da Constitución
05/12/21
a
05/12/21
Campo da feira da Mezquita

15:23 do 25 de novembro de 2021
O Concello da Mezquita vén de anunciar, a través dun bando municipal, que se mantén en domingo a feira que terá lugar o vindeiro 5 de decembro, por mor dos días festivos que se suceden a continuación, correspondentes á ponte da Constitución.
Trátase dunha excepción no municipio que, como é habitual, celebra os seus mercados os días 5 e 19 de cada mes, sempre e cando sexan laborables ou sábados.