Evento
Este martes, Marcha en Verín polos dereitos das mulleres
08/03/22
a
08/03/22
12:00
a
13:30
Praza do Concello de Verín

12:08 do 7 de marzo de 2022
Este martes toda a cidadanía está convocada á marcha en conmemoración do Día Internacional da Muller, que partirá dende a praza do Concello de Verín e transitará pola avenida de Portugal e rúa Lisa até a praza García Barbón.
Alí lerase o manifesto, terá lugar unha "perfomance" reivindicativa e repartirase material de sensibilización para o fomento da corresponsabilidade e distribución das tarefas do fogar.