Evento
IMOS DE FESTA | Matamá honra á Virxe do Carme
14/07/23
a
16/07/23
Matamá, Laza

11:55 do 10 de xullo de 2023
Os veciños de Matamá, no Concello de Laza, celebran a súa festa na honra á Virxe do Carme. A programación para os tres días de troula será a seguinte:
Venres 14 de xullo, a festa comeza cunha verbena a partir das 00.30 horas a cargo da disco móvil Gramola.
Sábado 15:
- 19.00 horas: festa da espuma.
- 21.00 horas: baile de zumba e posto de costura creativa.
- 21.30 horas: música de tódolos tempos con disco móvil Mono e comezo da verbena ás 00:30 horas.
Domingo 16:
- 12.30 horas: pasarrúas e misa solemne seguida de procesión, acompañada da charanga Big Bang.
- 21.00 horas: actuación das Pandereteiras de Matamá.
- 21.30 horas: finaliza a festa coa orquesta Verano Azul Band.