Evento
MUMI: I Encontro Profesional de Música Galicia e Portugal
O MUMi é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. Celebrarase os días 12, 13 e 14 de marzo.

O MUMi é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.
Durante os días 12, 13 e 14 de marzo, artistas e grupos como A Organeta, Bed Legs, Ezetaerre, Oîma, Luca Argel ou O Sonoro Maxín, participarán no encontro profesional de música de Galicia e Portugal.
A selección de showcases hai que engadir a animación de rúa do proxecto A Organeta, dous showcases máis que se integrarán dentro da sección OFF e o concerto inaugural.