luns 18/01/21

Evento

Femuro repite este domingo o seu "Mercadillo Solidario de Verán", en Verín

O evento terá lugar ás 17:00 horas no local do que dispón a asociación na rúa Camiño Vello de Sousas ó carón de Fontenova.

16/08/20
17:00
Camiño Vello de Sousas, 26
Cartaz promocional do "Mercadillo Solidario de Verano" de Femuro. | FOTO: Cedida.

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense repite o seu xa coñecido "Mercadillo Solidario de Verán" este domingo, 16 de agosto, ás 17:00 horas. O evento terá lugar no local do que dispón a asociación na rúa Camiño Vello de Sousas, 26 ó lado de Fontenova

A iniciativa, que comezou presentándose en formato on-line a través de Facebook, xa experimentou as consecuencias do formato presencial durante os días 11, 12 e 13 de agosto: o éxito rotundo do evento potenciou que Femuro repita o mercado solidario este domingo.

A elección do día feirado é resultado da petición popular: moitas persoas traballaron durante a semana e non puideron asistir ó mercado.

Os asistentes poderán escoller entre múltiples opcións e a prezos moi asequibles: libros usados e novos dende 2€, mochilas dende 3€, artesanía e produtos de bazar dende 1€, máscaras dende 5€, camisetas infantiles por 6€.

 

comentarios