Evento
AXENDA | Albarellos cítase co mercado máis solidario
25/06/22
a
25/06/22
12:00
a
16:00
Praza Ángel Medeiros de Albarellos, Monterrei

16:17 do 22 de xuño de 2022
Os veciños de Monterrei poderán participar este sábado 25 de xuño, a partir das 12:00 horas, nun mercado solidario que organiza O Trebón do Mildeu. A idea desta xornada é conseguir fondos para a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, para quen irá destinada a recadación. No mercado haberá comida, bebida, postos de venta de artigos de segunda mán, actuacións musicais e tamén sorteos. A cita solidaria terá lugar Praza Ángel Medeiros de Albarellos.