Evento
AXENDA | Nova edición do Festival Coral
25/06/22
a
25/06/22
19:30
a
21:30
Auditorio de Verín

16:54 do 22 de xuño de 2022
O Festival Coral está cada vez máis preto do seu 30 aniversario. Este sábado 25 de xuño acadará a súa 28ª edición no Auditorio de Verín a partir das 19:30 horas, cando comezará esta cita organizada pola Asociación Verinense Amigos da Música. No evento participarán a Coral O Son dos Cantares de Mos, a Coral Aqua Música de Ourense, a Coral San Esteban de Negros de Redondela e a Coral de Verín.