jueves. 18.04.2024

Evento

AXENDA | Encontro informativo sobre axudas á produción ecolóxica

4/1/23
13:00
Hotel - Restaurante Gandainas, Fumaces, Riós
PSOE_Riós acto agri ecolóxica 2023
A charla informativa terá lugar o mércores, día 4, ás 13h.

O PSdeG-PSOE de Monterrei vén de organizar unha charla informativa para produtores de agricultura ecolóxica no Concello de Riós co obxectivo de analizar o reparto dos fondos da PAC realizado pola Xunta de Galicia. Os socialistas de Monterrei queren, diste xeito, mostrar o seu apoio ós produtores ecolóxicos da bisbarra logo de que o reparto das axudas da PAC deixara sen fondos un 40% das hectáreas solicitadas

Un encontro que se enmarca dentro da iniciativa parlamentaria do PSdeG que denuncia a falla de axudas da Xunta de Galicia para a produción ecolóxica e que terá lugar mañá, mércores día 4 de xaneiro, ás 13h no Hotel-Restaurante Gandainas en Fumaces

Ó longo da reunión cos produtores participarán o voceiro de Medio Rural do PsdeG no Parlamento de Galicia, Martín Seco, o deputado do PSdG no Parlamento Europeo, Nicolás G. Casares, e o presidente de Verín Biocoop, Jose Luis Vaz Fernández. O obxectivo da charla é recoller o sentir dos produtores ecolóxicos para analizar as súas necesidades de cara a afrontar o traballo nos vindeiros anos ante a falta de axudas.

Comentarios