Evento
Chuches Amil presenta os contos ilustrados de cancións na biblioteca de Riós
O Concello de Riós acollerá o 3 de agosto unha sesión de contacontos con Chuches Amil, un proxecto musical adicado a toda a familia cun aceno contemporáneo, que levará a súa música festeira a toda a cativada. Nesta ocasión, Chuches Amil presentará os seus contos ilustrados, ás 11:30 horas, na biblioteca municipal da localidade.
03/08/21
a
03/08/21
11:30
a
13:30
Biblioteca municipal de Riós.

17:07 do 28 de xullo de 2021