viernes. 19.04.2024

Evento

A Banda de Gaitas Nova Era presenta novo espectáculo: "Voces dunha nova era"

16/4/22 a 16/4/22
18:30 a 20:00
Auditorio Municipal do Concello de Verín
A banda de gaitas Nova Era, nunha imaxe de 2019.
A banda de gaitas Nova Era, nunha imaxe de 2019.

O Auditorio Municipal de Verín acollerá este sábado, 16 de abril, ás 18:30 horas, o novo espectáculo da Banda de Gaitas Nova Era. Será un concerto no que a agrupación local percorrerá un camiño musical que levará aos asistentes por unha selección de cancións populares convertindo ao público nun coro improvisado. Música de corte pop, rock e tradicional que fará as delicias de todas as xeracións.

 

Poderanse escoitar algúns temas xa coñecidos polos seguidores da banda, pero tamén novas composicións nas que, coa gaita como instrumento principal, estes músicos versionarán figuras da música como Nino Bravo, Los Tamara ou Mago de Oz.

 

"Voces dunha nova era" recupera nesta Semana Santa o xa tradicional concerto de Nadal de Nova Era. O pasado mes de xaneiro a agrupación tivo que retrasar a celebración desta actuación por mór das condicións sanitarias que afectaban á comarca.

Comentarios