Evento
AXENDA | Verín acolle a presentación do libro "Yo, ecofeminista"
18/10/22
a
18/10/22
19:30
a
21:00
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín

17:27 do 17 de outubro de 2022
Concha López Llamas, catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, presenta mañá ás 19:30 horas a súa obra "Yo, ecofeminista" en Verín. A zamorana, ampliamente recoñecida e premiada polo seu labor de investigación didáctico, falará deste libro autobiográfico no Salón de actos da Casa da Cultura. "Yo Ecofeminista" pon de manifesto experiencias que, desde a nenez ata o momento presente, permitíronlle recoñecerse como ecoloxista e feminista primeiro, e como ecofeminista despois.
A autora está acompañada na presentación por Puri Caldelas, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Verín, e por Nery Díaz, de Exoloxistas en Acción Galiza.