Evento
AXENDA | VibraVerín 2023, Obradoiro de Batucada

Logo do éxito da primeira edición do Festival Provincial de Percusión o pasado ano, o VibraVerín volverá encher as rúas da vila co son das músicas do mundo a través da percusión ó longo de toda unha fin de semana.
Unha das actividades principais será o Obradoiro de Batucada impartido por Andrés Rivero, que terá lugar o domingo, día 21 de maio, na Alameda de Verín. Dende as 11 da mañá e ata as 14h. Andrés Rivero volverá impartir un obradoiro co obxectivo de iniciar na percusión e na batucada a todas as persoas que o desexan, teñan ou non coñecementos musicais.
De carácter gratuíto, para asistir ó Obradoiro de Batucada será necesario inscribirse con anterioridade xa que as prazas están limitadas. As inscricións deberanse realizar a través do mail do festival de percusión: [email protected].
Organizado polo Conservatorio de Música de Verín e a ANPA do CMUS, coa colaboración do Concello de Verín, e coordinado por Pablo Paz, mestre do CMUS de Verín o pasado ano e do CMUS do Carballiño neste ano, o VibraVerín 2023 celebrarase do 19 ó 21 de maio.