Evento
AXENDA | O venres do Festival de Curtas
08/09/23
Auditorio de Verín.

13:20 do 4 de setembro de 2023
Arranca o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín Vía XIV 2023. Isto é o que haberá o venres 8 de setembro.
Programación
- 20:30h: proxección documental "Un viaje hacia nosotros", guionizado por Pepe Viyuela e dirixido por Luis Cintora. Traballo cun marcado carácter biográfico no que Viyuela investiga o pasado da súa familia seguindo o rastro do seu avó Gervasio, que loitou na Guerra Civil. Pase do documental e coloquio no Auditorio.
- 22:00h: Túnel do viño da DO Monterrei. Degustación dos viños máis representativos da comarca nunha cata na que se achegarán as claves sobre os valores diferencias dos brancos e tintos amparados na DO Monterrei. Exterior Auditorio.
- 22:30h: concerto A Banda da Garda; percorrido polas bandas sonoras máis coñecidas do cinema. Ó remate continuará a música coa amenización temática na terraza do espazo exterior do Auditorio.
Ademais, comeza o Obradoiro de interpretación ante a cámara, que terá lugar dende o 8 ata o 10 de setembro, e continúa o concurso "Escaparates de cine".