Evento
AXENDA | Venres de Conto ao aire libre a carón da Biblioteca Municipal
05/08/22
a
05/08/22
20:00
a
21:15
Rúa Irmáns La Salle

13:16 do 4 de agosto de 2022
A campaña Os Venres Son de Conto volve neste mes de agosto tras o éxito do ano pasado. A biblioteca municipal organiza unha serie de contacontos e outras actividades lúdicas ao aire libre dirixidas aos máis pequenos. Serán os venres ás 20:00 horas e a elas asistirán coñecidos realizadores de espectáculos para nenos, contacontos e músicos infantís.
O venres 5 contaremos con Luis Vallecillo, compositor e titiriteiro, que comparte unha mensaxe de igualdade e respecto. O espectáculo “A igualdade non ten idade” está baseado na música e en aprender de xeito divertido, da man das súas personaxes Mama Mera e Papabuis.