viernes. 19.04.2024

Evento

AXENDA | O ciclo "Tempo de Entroido" programa un coloquio e a proxección dunha curta en Laza

28/1/23
18:00
Laza, baixo da Casa do Concello.
Boteiros de Viana.
Boteiros de Viana e Bonitas de Sande participarán no coloquio "Patrimonio e Identidade". | FOTO: Arquivo.

O ciclo de actividades Tempo de Entroido continúa coa programación de actos organizados co obxectivo de fornecer e pór de manifesto a idiosincrasia propia do Entroido do municipio de Laza. Unha serie de actos culturais que complementa ás celebracións festivas e que analiza a ancestral tradición da celebración na honra de Don Carnal nas terras lazás.

 

Organizado pola Comisión do Entroido de Laza, a Asociación enLAZAdos e coa colaboración do Concello de Laza, Tempo de Entroido púsoxe en marcha coa intención de "facer cousas que marcan a identidade do Entroido de Laza e ampliar as actividades que se fan", explica Xacobo García Novoa, presidente da Asociación enLAZAdos e membro da comisión.

 

Esta fin de semana celebrarase unha nova actividade que contará coa presenza dos Boteiros de Viana do Bolo e das Bonitas de Sande (Cartelle) para participar no coloquio "Patrimonio e identidade". Un debate que analizará as diferentes tradicións que se manteñen no Entroido en cada un dos territorios que representan. Será o sábado 28 de xaneiro, ás 18 horas no baixo da Casa do Concello. A continuación, proxectarase a curtametraxe "Ningún deus", filme realizado pola limiá Mirian Opazo que analiza o Entroido.