Evento
AXENDA | Tarde de biblioteca móbil en Oímbra
25/09/23
a
25/09/23
15:00
a
20:00
Concello de Oímbra

10:30 do 25 de setembro de 2023
A partir das 15:00 horas arranca o percorrido da biblioteca móbil por distintas localidades do Concello de Oímbra. Unha vez máis, volve realizar a súa ruta en Oímbra para ofrecer á veciñanza o acceso á lectura, á información e á aprendizaxe nos seus lugares de residencia.
Así, pódese acceder a préstamos de libros, revistas e outros materiais e recibir asesoramento e recomendacións de lectura, xestionar carnés de usuarios, formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital e organización de actividades culturais, como obradoiros, clubs de lectura ou contacontos, entre outros.
Itinerario e horarios
- Videferre: dende as 15:00 ás 15:45 horas.
- Espiño: das 16 ás 16:30 horas.
- Bousés: dende as 16:45 ás 17:30 horas.
- Casas dos Montes: das 17:45 ás 18:15 horas.
- San Cibrao: dende as 18:30 ás 19:15 horas.
- Rabal: das 19:30 ás 20 horas.