Evento
AXENDA | Serán da Pousa, xornada en comunidade na beira do Támega
02/09/23
Lagoa da Pousa, Monterrei.

11:52 do 29 de agosto de 2023
Este ano celébrase a terceira edición do Serán da Pousa cunha chea de actividades para todos os gustos. A lagoa da Pousa será o punto de reunión para a veciñanza nunha xornada interxeracional que busca recuperar as tradicionais xornadas campestres que unían as xentes para gozar da música, do bo xantar e facer comunidade.
Esta é a programación de actos que haberá o sábado, 2 de setembro:
- 12:30h: sesión vermú con música en directo
- 14:00h: picnic compartido
- 17:30h: A Pousa free tour
- 19:30h: música ao vivo con Candaira, Nova Era, Os Chavalines e Os trouleiros de Medeiros
- 21:30h: gran cea popular
- 23:00h: foliada popular
- 00:00h: guateque
Máis información: III Serán da Pousa