Evento
AXENDA | Sarabela Teatro "secuestrará" á bibliotecaria este xoves, no auditorio
29/12/22
a
29/12/22
18:00
a
19:00
Auditorio Municipal do Concello de Verín

12:31 do 27 de decembro de 2022
O vindeiro xoves 29 de decembro, ás 18.00 horas, Sarabela Teatro chega ao Auditorio Municipal coa súa obra de teatro familiar ‘O secuestro da bibliotecaria’, unha peza dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy e que contará cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez.
As entradas, de carácter gratuíto, poderanse recoller o mesmo día da representación no propio Auditorio Municipal de Verín, a partir das 16:00 horas.