jueves. 25.04.2024

Evento

AXENDA | Riós acolle o acto "Contos e cantares para saír do naufraxio"

17/12/22 a 17/12/22
17:00 a 19:00
Igrexa de Riós
Cartaz do acto cultural no Concello de Riós.

O vindeiro sábado, día 17, o Concello de Riós acolle o acto cultural "Contos e Cantares para saír do naufraxio" protagonizado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro. Unha actividade organizada pola Deputación de Ourense dentro do programa da Rede de Auditorios provincial de Ourense.

 

O acto terá lugar na Igrexa de Riós a partir das 17h. Música e literatura unidas nun espectáculo protagonizado polos dous autores nados na comarca que pretende achegar a cultura a todas as poboacións da provincia.