jueves. 25.04.2024

Evento

AXENDA | Punxeiro, en Viana, celebra a súa tradicional Festa da Vendima

15/10/22 a 16/10/22
19:00 a 4:00
Punxeiro, Viana do Bolo
Cartel da festa en Punxeiro, Viana.
Cartel da festa en Punxeiro, Viana.

Os veciños de Punxiero, en Viana do Bolo, celebrarán este sábado a XIV Festa da Vendima, festexo que recuperan trala pandemia. A programación comezará ás 19:00 horas cun pregón, que dará inicio a unha Ruta das Adegas na que se poderá degustar viño e petiscos típicos da zona. Esta actividades estará amenizada polas charangas Fuego, Comand'o Morrazo e BBB.

 

Unha vez rematado o percorrido gastronómico, sobre as 23:00 horas darán comezo as actuacións do Grupo Assia e a orquesta Marbella. Para rematar a noite haberá unha sesión con DJ Tariro.

 

O evento precisa dunha entrada, que terá un prezo de 14 euros ao comprarse de forma anticipada, e de 20 se a compra ten lugar o mesmo día da festa. Ademais, haberá un servicio de buses que partirá dende a Praza do Concello de Viana a partir das 17:00 horas e terá o regreso cando finalice a festa. O que prefira quedarse en Punxeiro, tamén disporá de zona de acampada libre.

Comentarios