Evento
AXENDA | Portas Abertas organiza a II Xornada Interxeracional na Pousa
28/4/23
16:30
Centro Social A Pousa
27 de abril de 2023, 13:19
O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas organiza a segunda edición da "Xornada Interxeracional Multicultural" que se celebrará mañá, venres 28, ó longo da tardiña. Música, baile, xogos, teatro, conversa e moitas actividades máis que buscan facer partícipes da comunidade ás distintas xeracións e culturas.
A xornada desenvolverase no Centro Social da Pousa a partir das 16:30h. Nembargantes, dende Portas Abertas organizan unha andaina de confraternización que sairá dende as oficinas do Centro de Desenvolvemento Rural en Verín, na rúa Mariano Carrero da vila. Dende alí, partirán ás 15:30h. para percorrer o sendeiro fluvial que os levará ata A Pousa.