Luns. 30.01.2023

Evento

AXENDA | O Auditorio trae a obra de Vicente Risco a Verín

22/10/22 a 22/10/22
20:30 a 22:00
Auditorio de Verín
Cartel da obra "O porco de pé" no Auditorio de Verín.
Cartel da obra "O porco de pé" no Auditorio de Verín.

O Auditorio de Verín acollerá o vindeiro 22 de outubro, ás 20:30 horas, a representación da obra "O porco de pé", da compañía Producións Teatrais Excéntricas. Nesta versión da obra de Vicente Risco, que pronto cumplirá 100 anos, a compañía daralle o seu toque da man de Patricia Vázquez, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo, Carlos Alonso, Piti Sanz, Octavio Mas, Pepe Sendón e Quico Cadaval.

 

As entradas para o evento xa están á venta, por 10 euros, no propio Auditorio Municipal de Verín. O horario da taquilla é de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas. Ademais, o 24 de outubro terán outra función ás 11:30 horas, neste caso dirixida a un público estudantil, especialmente de entre 4º da ESO e de 2º de Bacharelato.

comentarios