viernes. 19.04.2024

Evento

AXENDA | O espectáculo teatral "A parábola do angazo" chega a Verín

15/10/22 a 15/10/22
20:30 a 22:00
Auditorio de Verín
Representación da obra "A parábola do angazo".
Representación da obra "A parábola do angazo".

O Concello de Verín organiza unha nova cita cultural para o vindeiro 15 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio, coa representación da obra "A parábola do angazo", da compañía Talía Teatro. Esta comedia, apta para todos os públicos, farán rir ós asistentes cos textos de media ducia de autores, nos que os actores Toño Casais e Artur Trillo, exhibirán o seu potente bis cómico.

 

A "retranca" estará moi presente no espectáculo e haberá usos e abusos dos idiomas galego e castelán, como xa demostraron os de Talía Teatro co gran éxito de "Bicos con lingua", provocando a gargallada continua do público. O programa TeCe Redes en Galego, da Secretaría Xeral de Política Social, en colaboración co Concello, fan desta actividade un espectáculo de acceso gratuíto que non se pode perder.

Comentarios