Evento
AXENDA | Os Torgueiros buscan xente para tocar a pandeireta
28/09/22
a
28/09/22
20:15
a
21:15
Edificio multiusos da Gudiña

12:25 do 28 de setembro de 2022
O concello da Gudiña terá este ano un grupo de pandeireta. A asociación cultural Os Torgueiros terá hoxe, ás 20:15 horas no edificio multiusos do municipio, unha charla informativa na que darán conta de cando comezarán as clases na vindeira semana, os horarios e as cotas. Esta cita está destinada a aqueles que xa se anotasen, pero tamén para aqueles que poidan estar interesados e aínda poden inscribirse e participar.