domingo. 13.10.2024

Evento

AXENDA | "A nena que quería navegar", teatro familiar en Vilardevós

16/8/24
19:30
Praza do Cruceiro, Vilardevós
Teatro infantil_A nena que quería navegar
Espectáculo teatral familiar "A nena que quería navegar". | FOTO: Redrum Teatro.

A compañía Redrum Teatro continúa na bisbarra coa obra "A nena que quería navegar", unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima.

 

A Nena, farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

 

 

Redrum Teatro chega esta tarde a Vilardevós para ofrecer un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo. A representación será ao aire libre, na Praza do Cruceiro ás 19:30 horas.

20240816 Vilardevós_teatro familiar_A nena que quería navegar

 

 

Comentarios