Venres. 29.03.2024

Evento

AXENDA | A morte e a Santa Compaña, convidadas á queimada do magosto de Trez

11/11/22 a 12/11/22
19:00 a 03:00
Trez - Concello de Laza
A poeta Rochi Nóvoa, caracterizada de ánima da Santa Compaña. | FOTO: Emilio Romanos.
A poeta Rochi Nóvoa, caracterizada de ánima da Santa Compaña. | FOTO: Emilio Romanos.

Trez, esa localidade lazana onde se vían obrigados a atar os carros ás portas da corte en tempos, está precisamente recuperando algunhas das vellas tradicións festivas. Comezaron un grupo de mozos coa escenificación da loita entre mouros e cristiáns onde por primeira vez participaron mulleres e, este venres, xa de noite, misturarán magosto, queimada, e un moi particular e enxebre "Samaín"



Os organizadores preparan un magosto con pandeireitada das "Silveiras do Támega" (19:00 horas), un bo menú a base de empanada, pizza, churrasco mixto -tenreira e porco-, longaínzas, criollos, chourizos e panceta (21:00 horas). Haberá tamén pan e viño para acompañar a todo o anterior. De sobremesa, bica (seguro que de Laza), castañas, chocolate e licores variados -poda que aínda quede algo de xastré-.

Pero, sen súbida, o grande momento, e máis terrorífico, vivirase na escenificación da visita das ánimas da Santa Compaña e a Morte. Percorrerán as rúas e os carrouchos da aldea antes de conxurar a queimada coa que se porá fin ao magosto de Trez (Laza)

Comentarios