jueves. 25.04.2024

Evento

AXENDA | A Mezquita repite un ano máis a feira Artesanato

5/8/22 a 6/8/22
12:00 a 1:00
A Mezquita
Cartel da III Feira de Artesanía da Mezquita.
Cartel da III Feira de Artesanía da Mezquita.

O Concello da Mezquita organiza un ano máis a Feira de Artesanía Artesanato. O próximo 5 de agosto, festivo na localidade, volverán a tempos pasados con este evento no que se une tradición e comercio.

 

A xornada comezará ás 12:00 horas, cando se inaugurará a feira cos 30 postos participantes nos que se poderán mercar comestibles ecolóxicos, xoias artesás, roupa, bonecas, coiro e moitas outras cousas máis. A mañá contará coa actuación ás 13:30 horas das Travesas da Mezquita

 

O día avanzará avanzará e pola tarde, ás 18:00 horas haberá a representación teatral "Running" feita pola compañía Ste Xeito. O Mago Bugarín tamén se deixará caer por Artesanato co espectáculo "Galicia ilusiona con maxia" ás 20:00 horas. As Travesas da Mezquita volverán actuar ás 21:000 horas, pero esta vez farano acompañadas de Freiro da Brúa

 

Pola noite, para que a festa non remate cedo, a charanga Bicoia amenizará con música as rúas desde as 22:00 horas. Un pouco máis tarde, á unha da madrugada, a discomóbil Space encargarase da verbena para rematar esta gran festa. Antes da música, haberá unha cea de porco ó espeto para a que se precisa unha das entradas que se mercarán no Pub Pilas, no Bar Perkis e no Pub Verano.

Comentarios