Xoves. 28.03.2024

Evento

AXENDA | Edelmiro Mateo presenta un novo libro ilustrado

23/11/22 a 23/11/22
19:30 a 20:30
Casa da Cultura de Verín
Presentación do libro de Edelmiro Mateo.
Presentación do libro de Edelmiro Mateo.

A Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá este mércores a presentación de "A Verea Confusa", a nova publicación de Edelmiro Mateo cuxas ilustración foron realizadas polo artista verinés Fernando Barreira. A cita será ás 19:30 horas e os asistentes poderán coñecer esta historia que xira en torno ás respostas dun adulto ás atrevidas e comprometidas preguntas que lle fai unha nena, onde tamen se verá a diferencia xeracional entre os dous.

 

As ilustracións de Barreira converten ao texto nunha obra de arte. Ademais da portada, ilustra os12 capítulos deste libro con láminas en cor, explicando a esencia de cada sección. É unha publicación que vai dirixida a calquera persoa, independentemente da súa idade.

Comentarios