martes. 28.05.2024

Evento

AXENDA | Día das Letras Galegas na Mezquita

16/5/24
12:00
Praza do Concello e Edificio Multiusos
20240517 letras galegas na Mezquita

O Concello da Mezquita adianta a celebración do Día das Letras Galegas e será o xoves, 16 de maio, cando homenaxee a Luisa Villalta, escritora, filóloga e violinista a quen se lle adica iste ano.

Ao longo do día haberá diversas actividades. Pola mañá, ás 12:00 horas, a Praza do Concello será o escenario no que varios veciños e veciñas encargaranse de dar a coñecer a obra de Luisa Villalta.

Xa pola tarde, os máis pequenos terán a oportunidade de participar nun obradoiro de elaboración de marcapáxinas que terá lugar no Edificio Multiusos a partir das 16:00 horas.

Comentarios