Evento
AXENDA | O fútbol base volve a ter canteira en Viana
24/09/22
a
24/09/22
17:00
a
19:00
Campo de fútbol das Carrelas, Viana

16:51 do 20 de setembro de 2022
Este sábado os veciños de Viana do Bolo teñen unha cita deportiva co fútbol base. Despois de catro décadas, o club local conta cun equipo de cadetes que forman parte das escolas deportivas do Concello. O partido da liga provincial cadete 1B disputarase o 24 de setembro ás 17:00 horas no campo das Carrelas entre os rapaces do C.D. Viana e os do Ourense C.F. B.