Evento
AXENDA | Festas de Florderrei, no Riós
25/08/23
a
26/08/23
Florderrei, Riós.

12:18 do 22 de agosto de 2023
Florderrei, no Concello do Riós, celebra as súas festas na honra da Virxe dos Portais o venres 25 de agosto e o sábado 26.
La hora bruja e Elixir darán inicio ás festas o venres con seis horas de música e baile que comezarán ás 22:00 horas.
O sábado 26, a misa e maila procesión serán ás 13:00 horas, acompañada pola Banda de Gaitas de Riós. Xa a partir das 21:00 horas volve á música a cargo da orquestra D'Noche e da discomóbil Space.