Evento
AXENDA | II Edición da Fornada de vrau na Gudiña
08/07/23
17:00
Forno do Cabo da Aldea, A Gudiña

18:13 do 4 de xullo de 2023
O vindeiro sábado, 8 de xullo, o forno do Cabo da Aldea da Gudiña será o punto de encontro para a segunda edición da Fornada de Vrau organizada co fin de aprender e compartir os saberes tradicionais.
Aprenderedes a facer pan, boliños preñados e incluso se traedes o voso recheo podedes facer a vosa propia empanada.
Os prezos de inscripción son os seguintes:
- Socios: 7 €
- Non socios: 10 €
Para obter máis información podes contactar directamente nos seguintes teléfonos:
- 609 183 082
- 699 64 87 89