Evento
AXENDA | Cita coa doazón de sangue na Gudiña
26/09/22
a
26/09/22
17:00
a
21:00
Ao carón da Casa do Concello da Gudiña

12:24 do 26 de setembro de 2022
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará hoxe a súa unidade móbil ata o concello da Gudiña. Dende as 17:00 horas ata as 21:00, os interesados en colaborar doando sangue poderanse acercar ó autobús, que estará instalado na rúa Beato Sebastián Aparicio xunto á Casa do Concello.
Os que queiran colaborar só terán que ter máis de 18 anos e superar os 50 kilos, acudirán dúas despois de haber xantado e deberán presentar algún documento que os identifique, xa sexa unha tarxeta de doador ou o DNI. Se está tomando algún medicamento, levarase un informe médico para que os sanitarios de ADOS coñezan o tratamento e vexan se é compatible.